A Asociación de Medicina Familiar e Comunitaria avoga por unha resposta comunitaria á pandemia

A asociación defende o papel da Atención Primaria na pandemia.

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec) apoia a proposta de afrontar a pandemia desde unha perspectiva de promoción da saúde e a participación comunitaria  fronte as visións "hospitalocentristas".

Agamfec deu a coñecer esta terza feira o manifesto elaborado polo Observatorio de Salud Comunitaria y COVID-19, que ofrece propostas para cambiar o enfoque biomédico e "hospitalocentrista" co que se afronta actualmente a pandemia.

A entidade galega, que poia e subscribe o documento, censura que a abordaxe da pandemia predominante sexa resultado "dun sistema sanitario centrado na enfermidade, cun enfoque que esquece a promoción da saúde e a participación comunitaria en saúde".

Fronte a esta posición, salienta que existen outras formas complementarias de orientar as accións que serían eficaces para diminuír os contaxios e aplanar a curva, así como para atender mellor aos grupos máis vulnerábeis. "É necesario coñecer e entender os contextos de poboacións e territorios que determinan as súas condicións de vida", destaca.

Así, a plataforma galega faise eco duunha serie de propostas, que pasan pola "visivilización dos invisíbeis", tendo en conta que as condicións de vida inflúen na desigual distribución do virus, e reclama asignación de recursos económicos, humanos e materiais potenciando os servizos públicos en función das necesidades, con especial atención aos colectivos vulnerábeis.

Seguindo o manifesto, Agamfec reivindicación do papel da comunidade no aplanamento da curva, "integrando a mirada ao individual no seu contexto comunitario", e avoga por unha comunicación da pandemia "que fuxa da estigmatización que fomenta a culpa cara ao outro", tanto desde os organismos públicos como desde os medios de comunicación.

A asociación chama tamén a reorientando o sistema sanitario cara á Atención Primaria "e reverter así a tendencia hospitalocentrista na asignación de orzamentos",adaptando a asignación de recursos humanos, materiais e económicos en función das necesidades e a complexidade de cada territorio.

Cirurxía no Montecelo 

Por outra banda, o hospital Montecelo de Pontevedra recuperou onte a súa programación cirúrxica, afectada pola incidencia da Covid-19, pola necesidade  de camas de hospitalización Covid-19, que obrigara a suspender a pasada semana tres quirófanos.