Así se fixo o lipdub de Chapela

Após unha semana desde a presentación en sociedade do lipdub do IES Chapela, a peza leva máis de 14.000 visitas que chegaron de até 57 países: de Canadá a Madagascar, de Xapón a Nicaragua. Ao redor de 400 persoas, entre nais, pais, alumnado e persoal do centro --desde o cadro docente até @s traballador@s de conserxaría-- implicáronse activamente na elaboración deste video reivindicativo. Aquí embaixo, o 'como se fixo'