Asasinato machista en Sevilla

M.C.M asasinou a súa compañeira no municipio sevillano Alcalá de Guadaira.

 

Golpeouna até matala contra un lavadoiro, segundo a información difundida pola Policía española en declaracións recollidas por Europa Press. M.C.M, as siglas do presunto asasino, foi detido após a chamada realizada por un familiar ao que lle tería contado por teléfono que acababa de facer "unha cousa moi grave". 

Á chegada da patrulla policial atoparon o corpo da muller --da que non trascenderon dados da súa identidade para alén de que tiña 50 anos. O home foi detido por un delito de violencia machista. 

Trátase do décimo cuarto (14) feminicidio no conxunto do Estado español, segundo os dados estatísticos do Ministerio de Sanidade.