Asasinato machista en Castelldefels

Foron asasinadas a muller e as súas dúas crianzas. O home suicidouse posteriormente. 

 

Máis un feminicidio esta quinta feira. Desta volta en Castelldefels (Barcelona). O presunto asasino suicidouse após matar a compañeira e dúas crianzas, de 7 e 10 anos, segundo a información difundida pola axencia de noticias EFE. 

A investigación continúa aberta e baixo segredo de sumario. 

No conxunto do Estado español a cifra oficial de asasinatos machistas ascende a 23 de acordo coas estatísticas rexistradas polo Ministerio de Sanidade. 

Segundo as informacións difundidas por Antena3 a veciñanza tería alertado en varias ocasións a policía española e os Mossos d'esquadra perante os "berros e insultos" que se escoitaban no interior da vivenda. Porén, nunca actuaron.