Asasinadas pola violencia machista 4 mulleres en menos de 48h

O número de feminicidios no Estado español continúa incrementándose. No que vai de ano as cifras oficiais falan de 10 mulleres asasinadas. 

 

O asasinato dunha muller en Lleida esta segunda feira (30 de marzo) constitúe o cuarto feminicidio no Estado español en menos de 48 horas e o terceiro nun só día. 

Para alén do crime machista de Lleida onde unha muller foi asasinada a tiros en plena rúa, outro crime machista tivo lugar en Alhaurín de La Torre (Málaga). O seu agresor suicidouse após asfixiala.

Tamén en Xibraltar se producíu outro feminicidio, a familia era de nacionalidade británica-española. Viaxaran a territorio inglés desde o estado. A policía, que mantén unha investigación aberta, apunta cara á máis un caso de violencia machista. Desta volta, o home tería asasinado tamén as dúas crianzas.

Aliás, na mañá do 29 de marzo foi asasinada unha outra muller no termo municipal de Isla Cristina (Huelva). Neste caso, o xuiz iniciou unha investigación --que fica aberta-- para determinar se se tratar dun feminicidio. Porén, a muller presentaba signos de violencia.