Asasinada pola violencia machista unha muller en Castelldefels

Trátase do segundo feminicidio nunha semana nesta localidade catalá.

 

Esta cuarta feira foi asasinada unha muller en Castelldefels (Barcelona). Segundo recolle a imprensa catalá o seu ex-compañeiro foi detido após acoitelala na rúa. O presunto asasino, que a agardaba perto do seu domicilio á volta do traballo, foi retido pola veciñanza até a chegada das forzas policiais. 

O asasinato machista é o segundo nunha semana en Castelldefels após o feminicidio hai seis días dunha outra muller e as súas crianzas a mans do seu compañeiro.