Asasinada pola violencia machista unha muller en Asturies

O home suicidouse após matar a súa compañeira. Antes agredira a idosa que coidaba.

 

Esta segunda feira (6 de xullo) a Garda Civil informou do asasinato dunha muller en Pavia (Asturies). O corpo foi atopado no domicilio familiar acarón do do seu compañeiro que se suicidou após asasinala. 

Trátase, segundo informaron fontes do instituto armado, de máis un feminicidio, embora as investigacións continúan abertas. 

O home, de 65 anos, agredira previamente a idosa que coidaba. A denuncia desta agresión levou @s axentes até a vivenda onde atoparon o cadáver da muller. 

No que vai de ano, segundo as cifras oficiais, foron asasinadas 17 mulleres no conxunto do Estado español pola violencia machista ás que se sumarían, de se confirmar, os feminicidios de Beatriz Rodríguez Mariño (Arbo), o de Pravia (Asturies) e máis un en Barcelona cuxa investigación continúa aberta.