Asasinada unha muller con arma branca na Pobra

[ACTUALIZACIÓN 13H] Trátase dunha traballadora sexual veciña de Ribeira. 

 

As primeiras investigacións sinalan que o cadáver se corresponde cunha muller de 39 anos veciña de Ribeira e traballadora sexual. De nacionalidade sudamericana. 

O corpo foi atopado na noite do domingo (7 de xuño). O corpo amosaba signos de violencia e todo apunta a que tería sido asasinada cunha arma branca. 

A investigación continúa aberta mais segundo informa Javier Romero na Voz de Galicia foron detidas dúas persoas pola súa suposta participación no homicidio. 

Ourense

Aliás, o domingo foi soterrada a Socorro Pérez, a muller desaparecida o 2 de maio. Segundo a autopsia foi asasinada dos golpes que recibíu na cabeza situando un traumatismo craneoencefálico como causa da morte. 

As investigacións apuntan que podería ter sido violada sexualmente.