Asasinada en Almería unha muller polo seu ex-compañeiro

O presunto asasino contaba cunha orde de afastamento.

 

Até o momento continúan as investigacións e a búsqueda do presunto asasino mais a policía española apunta cara á un novo caso de violencia machista. 

A muller, residente en Berja (Almería) foi asasinada este sábado (2 de agosto) polo que fora o seu compañeiro, quen contaba cunha orde de afastamento e viña de cumprir unha condena de arresto domiciliario que rematou o pasado 30 de xullo, segundo informa a axencia de noticias Efe. 

De se confirmar, trataríase do terceiro caso de violencia machista en 6 días após o asasinato de Verónica Frías (Málaga) e Sara Fernández (Pazos de Borbén, Pontevedra).