Director@s de departamento da USC advirten que os recortes previstos pola Xunta poñen en risco a pervivencia da Universidade

Unha trintena de directoras e directores de departamento da USC denuncian nun manifesto as consecuencias que devirían para a Universidade de aprobar a Xunta de Galiza "as reducións previstas no borrador da Lei de Orzamentos 2013".

 

A Xunta de Galiza prevé no proxecto de lei de Orzamentos  unha redución de 7,5 millóns de euros na masa salarial da Universidade de Santiago de Compostela. Segundo os sindicatos, a maior tesoirada nos últimos anos. Neste senso, trinta e tres directores de departamento da USC veñen de publicaren un manifesto en que advirten da insostibilidade da Universidade como entidade autónoma de se aprobar os recortes previstos polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo. 

"Sendo conscientes da profunda crise na que estamos inmersos e do grao de empobrecemento experimentado polo noso país nos últimos anos" aseguran @s asinantes --procedentes da práctica totalidade de facultades que abrangue a USC-- "é preciso esforzarse" polo mantemento "do investimento público" ao entenderen que os fondos destinados á "docencia, á investigación e á innovación" están estreitamente vencellados "á tan necesaria recuperación económica" e á contrución "dun novo modelo produtivo" baseado, din, "no coñecemento". 

Na actualidade a USC atópase entre as 10 primeiras universidades do Estado español polo que a redución orzamentaria prevista pon en risco o seu mantemento entre as institucións máis recoñecidas. Aliás, @s directoras e directores de departamento salientan que os recortes suporían unha importante merma da autonomía da universidade, cuestión á que "non debe nin pode renunciar" a entidade liderada por Casares Long. Así pois, exixen o mantamento dos fondos públicos que permitan a "lograr os obxectivos de excelencia que ten fixados". 

Neste senso, @s asinantes demandan do Equipo de Goberno, o Consello de Goberno e o Consello Social "que leven a cabo as accións oportunas en defensa da USC". 

Directores de Departamento asinantes do manifesto:  

  • María Jesús Aira Rodríguez. Directora do Dpto. de Botánica. 
  • José Antonio Aldrey Vázquez. Director do Dpto. de Xeografía. 
  • Mª Rosario Babío Arcay. Directora do Dpto. de Economía Financeira e Contabilidade 
  • José Carracedo Fraga. Director do Dpto. de Latín e Grego. 
  • Maria Raquel Casal García. Directora do Dpto. de Historia I. 
  • Francisco Cidrás Escáneo. Director do Dpto. de Filoloxía Galega. 
  • Antonio Crespo Abelleira. Director do Dpto. de Ciencias Morfolóxicas. 8. Dna. María Dolores Gómez Pedreira. Directora do Dpto. de Matemática Aplicada 
  • Gumersindo Feijoo Costa, Director do Depto. de Enxeñaría Química. 
  • Lourenzo Fernández Prieto. Director do Dpto. de Historia Contemporánea e América. 
  • Francisco Fernández Rivera. Director do Dpto. de Electrónica e Computación. 
  • Carmen Franco Vázquez. Directora do Dpto. de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal. 
  • Eduardo García-Rodeja. Director do Dpto. de Edafoloxía e Química Agrícola. 
  • José Gil Longo. Director de Dpto. de Farmacoloxía 
  • Tomás Jiménez Juliá. Director do Dpto. de Lingua Española 
  • Xosé López García. Director do Dpto. de Ciencias da Comunicación. 
  • Laurence Malingre. Directora do Dpto. Filoloxía Francesa e Italiana. 
  • Castor Méndez Paz. Director do Dpto. de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía. 
  • Cristina Mourón Figueroa. Directora do Dpto. de Filoloxía Inglesa e Alemá 
  • Arturo X. Pereiro Rozas. Director do Dpto. de Psicoloxía Evolutiva e da Educación 
  • Agustín Montes Martínez, Director do Dpto. de Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública. 
  • Edelmira Neira Fontela. Directora do Dpto. de Organización de Empresas e Comercialización. 
  • Mª Isabel Quiroga Berdeal. Directora do Dpto. de Ciencias Clínicas Veterinarias 
  • Rubén Retuerto Franco. Director do Dpto. de Bioloxía Celular e Ecoloxía. 
  • Dolores Riveiro García, Directora do Dpto. de Fundamentos de Análise Económica. 
  • Xosé Antón Rodríguez González. Director do Dpto. Economía Cuantitativa 
  • José Manuel Rodríguez Rial. Director do Dpto. de Filosofía e Antropoloxía Social. 
  • José Miguel Sagüillo Fernández-Vega. Director do Dpto. de Lóxica e Filosofía Moral. 
  • Laura Sánchez Piñón. Directora do Dpto. de Xenética 
  • Rosa Señarís Rodríguez. Directora do Dpto. de Fisioloxía 
  • Hortensio Sobrado Correa. Director do Departamento de Historia Medieval e Moderna 
  • Ramón Velo Sabín. Director do Dpto. de Enxeñaría Agroforestal 
  • Montserrat Zurrón Ocio. Directora do Dpto. de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía