“Arriba España e morte aos maricóns”: condenan 4 garda civís destinados en Noia por homofobia

Imaxe de arquivo

Segundo a sentenza, recorrida ante o Supremo, os condenados estiveron anos acosando e vexando o seu compañeiro con insultos e comentarios graves.

"Arriba España e morte aos maricóns", "Os maricóns non deberían estar na Garda Civil", "Prefiro ter un fillo morto ou drogadicto que maricón"... Estas son algunhas das expresións polas que catro axentes da Garda Civil destinados en Noia foron condenados nun xulgado militar.

Tal e como adiantou  ElDiario.es, o xulgado condena os catro axentes por "abuso de autoridade" a dez meses de cárcere e unha indemnización por danos morais á vítima de 10.000 euros.

A vítima sufriu constantes abusos e vexacións de forma ininterrompida entre 2010 e 2014,  momento no cal recibiu a baixa cun diagnóstico de trastorno mental severo.

O tribunal expón que os procesados "actuaron dunha maneira concorrente, conxunta e persistente".

Os desprezos por parte dos seus compañeiros cara á vítima estendéronse pola localidade costeira galega. A sentenza recolle dous exemplos que demostran como o acoso sufrido polo axente non se produciu só no cuartel.

O acoso só finalizou cando a vítima apartou do servizo. En novembro de 2014 o axente Alexander (nome ficticio) foi atendido nun centro de saúde "por unha crise de ansiedade" e derivado posteriormente á Unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago tras un incidente cun compañeiro

Desde entón está de baixa cun diagnóstico de trastorno mental severo, segundo recolle a sentenza.

Os feitos probadose que recolle Eldiario.es constatan que previamente á súa chegada ao cuartel de Noia un dos condenados xa advertira de que "ía chegar ao posto un 'maricón". Desde entón, comezaron "a difundir rumores referentes á súa orientación sexual, dicindo que 'era homosexual", ademais, referíanse a Alexander como "perla", "a muller do posto" e comezaron a cualififalo de “lacazán, incompetente e mal profesional", recolle a sentenza emitida en xuño polo tribunal militar territorial da Coruña.

Os desprezos por parte dos seus compañeiros cara á vítima estendéronse pola localidade costeira galega. A sentenza recolle dous exemplos que demostran como o acoso sufrido polo axente non se produciu só no cuartel.

Nun deles describen que os comentarios "referentes á súa suposta orientación sexual chegaron a ser moi difundidos", xa que "algúns detidos", coñecidos de dous dos condenados, "chegaron a burlarse" do denunciante "chamándoo 'maricón’.

O BNG de Noia anunciou que impulsará unha declaración institucional en condena sobre este comportamento.