A área de Ferrol rexistra un positivo en Cedeira tras nove días sen casos

Máscaras cirúrxicas (Imaxe: Nós Diario)
Cuntis informou tamén esta terza feira da detección de dous casos positivos na localidade,

Após nove días sen casos de coronavirus activos, a área sanitaria de Ferrol rexistrou esta terzafeira un caso positivo de Covid-19 no concello de Cedeira, segundo confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

O propio Concello de Cedeira informou a veciñanza desde as súas redes sociais deste positivo, que coñeceu a través do centro de saúde a media mañá.

Segundo apuntaron fontes municipais, trátase dunha persona procedente do estranxeiro e que se atopa e corentena no seu domicilio. A área sanitaria de Ferrol non rexistraba novos casos desde que o pasado 19 de xullo se declarase libre de Covid.

Por outra banda, o concello pontevedrés de Cuntis informou tamén esta terza feira da detección de dous casos positivos na localidade, un foco "controlado" e sobre o que se están aplicando "todas as medidas protocolarias de seguimento e control".

Ambos os dous municipios fixeron un chamamento á tranquilidade da poboación e resaltaron a importancia de cumprir os protocolos e medidas de protección, como a distancia de seguridade ou o uso de máscara.