Arde un camión que transportaba substancias perigosas na A-6 ao seu paso por Betanzos

O camión que ardeu en Betanzos (Foto: Europa Press).
Tal como informou o 112 Galiza, varios particulares alertaron dos feitos, entre eles o condutor do vehículo, que resultou ileso.

Un camión que transportaba mercadorías perigosas ardeu por completo esta sexta feira cando circulaba pola A-6 ao seu paso pola localidade de Betanzos, obrigando a desviar o tráfico no punto quilométrico 565 desa vía debido ao denso fume.

Tal como informou o 112 Galiza, varios particulares alertaron dos feitos, entre eles o condutor do vehículo, que resultou ileso.

A mercadoría

O home aseguraba que o camión transportaba diversas mercadorías, entre elas botes de pintura. Gran parte do combustíbel, derramouse pola vía como consecuencia do fogo.

Por todo iso, deuse aviso aos Bombeiros de Betanzos, á Garda Civil, á Policía, ao Distrito Forestal da zona, a Protección Civil e ao servizo de mantemento da estrada.

Actuación dos bombeiros

Pouco despois os bombeiros aseguraron que o lume estaba apagado, a pesar de que o camión ardeu por completo.

Ademais, eles tamén se encargaron de controlar os elementos vertidos na vía.