Sermos Galiza 217

O ar que respiramos

[Imaxe: Dani Espada] Central térmica das Pontes

A Organización Mundial da Saúde (OMS) vén de publicar unha nova análise que reflicte a contaminación que padecemos os galegos e galegas. Segundo este estudo, as cidades da Coruña, Compostela, Lugo e Vigo superan os límites máximos de concentración de pequenas partículas contaminantes. E como se trata dun problema real, aínda que silandeiro, no Sermos Galiza 217 achegamos luz sobre a polución. Aquí deixamos un avanzo.

Desde hai xa algunhas décadas, as autoridades sanitarias do Estado español, aguilloadas en parte por diferentes colectivos profesionais e sociosanitarios, veñen chamando a atención a respeito dos efectos que para a saúde pública pode ter, e de feito ten, a contaminación ambiental. Cun certo retraso, e empurrados polos prazos recomendados ou impostos pola normativa europea, aprobáronse textos lexislativos que, alén de recoñeceren finalmente o problema, estabelecían parámetros e metodoloxías para controlar a emisión dos principais axentes contaminantes que soporta o ar. Porén, as administracións públicas non adoitan ser moi proclives a informar con transparencia á cidadanía das consecuencias que ten a polución –a Axencia Europea do Medio Ambiente cifra en 25.000 o número de mortes prematuras no Estado español relacionadas coa contaminación do aire, quince veces máis que as rexistradas nas estradas- nin a pór os medios precisos xa non para tomar medidas que reduzan até límites razoábeis as emisións, senón para consolidar e acrecentar unha rede pública de medicións completa e sen dependencias das empresas privadas potencialmente contaminantes.

Mais a realidade dos números pode ser variábel en función dos valores que se teñan en conta e da metodoloxía empregada. Así, e segundo indica a entidade Ecoloxistas en Acción no seu último informe, correspondente ao ano 2015, existen importantes diferenzas de criterio entre as normativas. Deste xeito, e atendendo aos valores de referencia fixados tanto pola directiva europea 2008/50 como polo real decreto 102/2011, a poboación que respira aire contaminado no Estado atinxe os 18,5 millóns de persoas, isto é, perto do 40%. De termos en conta as recomendacións da Organización Mundial da Saúde, que estabelece uns criterios moito máis estritos e máis axeitados á nocividade das substancias máis perigosas, estas cifras soben até perto dos 46 millóns, é dicir, case o 99% da poboación.

Precisamente nos mapas elaborados pola OMS inclúense dados relativos a Galiza. Son varios os puntos xeográficos nos que se tomaron rexistros. En concreto, 24. Focando só na concentración de partículas (PM) de diámetro A central de Endesa nas Pontes é, por potencia, a máis contaminante do Estado. As térmicas O último informe da Organización Mundial da Saúde, publicado no mes de setembro último, supón a adopción dun novo modelo de calidade do aire, cuxos dados globais apuntan que un 92% da poboación do planeta vive en lugares nos que se exceden os niveis tolerábeis. Ademais de incluír mapas de situación e seguimento, o estudo incorpora dados sanitarios, medicións vía satélite, modelos de transporte aéreo e monitores de estacións terrestres.

A reportaxe completa, neste SG 217, que xa podes adquirir na nosa loxa