Social

Leticia Pérez: "Temos que aproveitar o residuo do biodiésel"

A investigadora Leticia Pérez Rial no laboratorio (Duvi)
O biocombustíbel é xa unha realidade e as algas son unha das materias primas con maior potencial. Nós Diario conversa con Leticia Pérez Rial estuda coa súa tese de doutoramento a optimización das operacións de separación de biomasa de dúas especies microalgais abundantes nas rías galegas, a Skeletonema costatum e a Chaetoceros gracilis.

No que atinxe ao biodiésel de masa algal, como está a investigación na Galiza?

Nun punto bastante desenvolvido, pois décadas atrás déuselle moita importancia. As microalgas víanse como unha materia prima con moito potencial, mais non abonda con obter biodiésel, senón que o residuo ten que ser aproveitábel para extraer algún composto de alto valor engadido que poida comercializarse noutro tipo de industrias. Iso é o que coñecemos como biorefinaría de algas. As tendencias actuais van por aí, tratando de sacar o máximo proveito das especies microalgais. Na Galiza temos unha industria importante e podemos tela aínda máis. As dúas especies analizadas empréganse fundamentalmente para acuicultura, na alimentación de moluscos e crustáceos. Porén, se son abundantes e relativamente doadas de cultivar, podemos tirarlles aínda máis rendemento do actual.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.