Aprobados, malia as sentenzas, os concertos educativos para centros que segregan alumnado por sexo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que que se aproban os concertos educativos que se realizan no curso escolar 2013-2014

 

En total haberá 3.832 aulas nos ciclos de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial e ciclos formativos de graos medio e superior para os próximos catro cursos académicos. 

A orde recolle, así mesmo, a renovación de concertos para os centros que segregan o alumnado por sexo, a pesar de unha sentenza do Tribunal Superior se Xustiza de Galiza declarar non conforme á lei esta medida.

Cabe lembrar que a Lei  Orgánica de Educación de 2006 establece que os centros concertados non poden discriminar os alumnos nos seus criterios  de admisión, entre os que se alude expresamente a cuestións de sexo, e aínda que na LOMCE se contemplan medidas segregacionistas, no momento actual a Xunta debe acatar o fallo do TSXG. Con esta orde que hoxe publica o DOG, o conselleiro incumpre o dito no Parlamento asegurando que o Goberno "acatará" o ditame, polo que deixará de subvencionar os colexios que separan segundo o xénero.