A aplicación Radar Covid, por fin accesíbel en galego

Encabezado da aplicación de rastrexo de contactos.
Desde agora, a aplicación Radar Covid, posta en marcha desde o Goberno estatal para facilitar o rastrexo de contactos para controlar os contaxios, pode descargarse na súa versión en galego

A aplicación amplía así os idiomas dispoñíbeis, despois da mobilización social desatada  para reclamar que a ferramenta poida ser empregada en todas as linguas oficiais do Estado español.

Desde hoxe, tamén é posíbel descargar Radar Covid en euskera, ademais de en galego.

Até a data, a app só daba a posibilidade de empregarse en castelán, catalán e inglés.

A exclusión do galego motivou, o pasado mes de agosto, unha iniciativa parlamentaria do deputado do BNG Néstor Rego, na que se apelaba aos dereitos lingüísticos das persoas galegofalantes a recibir a información sanitaria na súa  propia lingua.