Aparecen millares de medusas na coruñesa praia do Orzán

Un exemplar de medusa (Foto: Europa Press).
De tamaño pequeno e cunha crista diminuta, apareceron na zona intermedia da praia e, aínda que non son perigosas, é conveniente non tocalas.

A praia do Orzán, na cidade da Coruña, apareceu esta quinta feira con medusas veleiro esparexidas polo areal, segundo informaron fontes municipais que precisaron que non son perigosas para os humanos.

De tamaño pequeno e cunha crista diminuta, apareceron na zona intermedia da praia e, aínda que non son perigosas, é conveniente non tocalas.

Os servizos municipais recibiron o aviso á primeira hora da mañá e despois efectivos de limpeza achegáronse para proceder a unha retirada na cal seguen traballando, segundo precisaron as mesmas fontes.

Tamén en 2021

Non é a primeira vez que a cidade herculina recibe a visita desta especie. En 2021 o Concello alertou da presenza deste animal en varias praias da cidade.

Naquela altura fecháranse provisionalmente todos os areais e os seus accesos para “preservar a seguridade da veciñanza”.

Segundo alertan expertos, aínda horas despois de seren varadas e aínda fóra da auga, este animais poden continuar a ser tóxicas.