Aparece un cadáver flotando baixo a Ponte de Rande á altura de Moaña

A Ponte de Rande (Foto: Marta Vázquez Rodríguez / Europa Press).
Segundo fontes do 112 Galiza, foi un particular o que avistou o cadáver, dando aviso á Garda Civil.

O corpo sen vida dunha persoa foi localizado na tarde desta sexta feira flotando en augas baixo a Ponte de Rande e próximas á costa de Domaio, en Moaña.

Coñeceuse que o cadáver correspóndese co dunha muller de 89 anos que, segundo se indicou, non presenta signos de violencia.

Segundo fontes do 112 Galiza, foi un particular o que avistou o cadáver, dando aviso á Garda Civil. Precisamente a Garda Civil chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para informar do acontecido.

Por iso, alertouse ao servizo de Salvamento, a Gardacostas, á Policía Local, a Protección Civil e aos servizos sanitarios.

Unha vez no punto, os efectivos recuperaron o cadáver e trasladárono ao porto de Domaio.