Aparece aforcada na súa cela Rosario Porto, nai de Asunta

Rosario Porto

Xa tentara quitarse a vida noutras ocasións.

Funcionarios do cárcere de  Brieva (Ávila) atoparon esta mañá morta na súa cela, colgada dun cinto de tea atado á xanela, a Rosario Porto, nai de  Asunta  Basterra, condenada a 18 anos polo asasinato da nena en Compostela, segundo informan diversos medios e axencias

Fontes penais indicaron a EFE que no reconto da mañá os funcionarios botaron en falta á reclusa e cando acudiron á súa cela atopárona aforcada.

Tras atopala, avisaron o 112 e os servizos de emerxencia practicáronlle manobras de reanimación, pero só puideron certificar a súa morte.

Rosario Porto, avogada, cumpría a pena polo asasinato da súa filla adoptiva e xa cumprira 7 anos en tres prisións -A Lama, Teixeiro  e  Brieva (Ávila)-.

Xa tentara quitarse a vida noutras ocasións.