Substitúe Nel Vidal

Anxos Sobriño asume a Presidencia da CTNL

Directiva CTNL

A Asemblea Xeral da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística (CTNL) aprobou o sábado, 20 de febreiro, a nova xunta directiva, que encabeza Anxos Sobriño.

A CTNL celebrou no día de onte o seu vinte aniversario cunha asemblea festiva na que se elixiu a nova directiva, encabezada por Anxos Sobriño, que substitúe no cargo Nel Vidal após nove anos como presidente. Neste tempo, a entidade centrouse en mellorar o discurso e o traballo para impulsar o galego e na formación dos técnicos e técnicas.

Acompañan Anxos Sobriño, Rosa Moreiras, como secretaria, e Queca Carballo, como tesoureira. Son vogais Adela Pita, David Cobas, Dores Sánchez, Silvia Muíño, Soco García e Tono Formoso.