Antonio López e Manuel Reigosa, novos reitores da USC e da UVigo

Antonio López

Quer López quer Reigosa foron os candidatos máis votados en todos e cada un dos sectores da comunidade universitaria: estudantes, profesores doutores, persoal docente e investigador e PAS.

Antonio López -catedrático de Dereito Financeiro- obtivo unha vitoria incontestábel na USC ao conseguir por volta de 60 por cento do voto ponderado. A súa lista -"Xa-", impúxose á defendida polo até agora actual reitor, Juan Viaño.

 

O seu triunfo foi especialmente claro no voto estudiantil: tres de cada catro alumnas e alumnos decantáronse pola súa opción. Contodo, a baixa participación marcou a xornada -apenas emitiron o sue voto 20 por cento das 27.000 persoas chamadas ás urnas. 

 

Na Uvigo, a percentaxe obtida polo catedrático de Fisioloxía Vexetal Manuel Reigosa, 58 por cento, foi lixeiramente inferior á de Antonio López. Contodo, tampouco deu ningunha opción ao seu rival, Emilio Fernández. A participación do censo eleitoral -20.200 persoas- roldou o 20 por cento, un resultado xemelgo ao da USC.
 

Manuel Reigosa, na imaxe que acompaña estas liñas.