Pide que se depuren responsabilidades

A Confederación de Anpas di que a selectividade prexudicou o alumnado galego

Alumnado nun exame de selectividade

As probas de acceso á universidade deste ano foron especialmente controvertidas pola multitude de incidencias que provocaron, segundo a Confederación de Anpas Galegas, que o alumnado galego saíse "especialmente prexudicado pola falta de rigor dalgúns dos actores implicados".

Nun comunicado, a entidade que preside Fernando Lacaci considera que, en xeral, as rapazas e rapaces galegos que prepararon os exames "verán diminuídas as súas cualificacións e, polo tanto, o acceso ás carreiras con notas de corte elevadas fronte o alumnado doutras comunidades". 

Anpas Galegas enumera algúns dos "desastres acontecidos e perfectamente evitábeis": en Filosofía, di, "ningún dos exames se axustaba aos criterios de contido e opcionalidade, polo que houbo de se suspender a proba para elaborar unha nova e facela pola tarde". Os despropósitos nesta materia non rematarían aí, pois, autores máis difíciles, mentres que Platón foi relegado á pregunta de tema (30%)". Por outra parte, o exame en lembra a confederación, "na última versión puxeron un comentario de texto (60% da nota) de Kant, un dos galego "contiña menos información para o alumnado que a versión en castelán". 

En Bioloxía, apuntan as Anpas Galegas, o problema de xenética estaba "mal redactado" e a pregunta referida á auga e os sales minerais non entraba nas recomendacións do grupo de traballo da materia. "As baixas cualificacións do alumnado galego nesta asignatura son especialmente graves e prexudiciais, posto que, xunto con Química, é unha das dúas materias coa máxima ponderación para as carreiras de Ciencias da Saúde, cunha nota de corte moi alta", explica a confederación, que engade que "isto fará que non poidan optar a entrar en carreiras como Medicina. Esas prazas irán para alumnado de fóra de Galiza que tivera mellor sorte co exame de Bioloxía". 

Máis erros

Nas probas de Fundamentos da Arte e Cultura audiovisual, a calidade das imaxes é fundamental, mais na selectividade, denuncia Anpas Galegas, "estaban mal impresas, distorsionadas, o que facía imposíbel a súa interpretación ao non amosar correctamente elementos fundamentais como a cor". 

Outras eivas das probas de acceso foron o erro cometido no exame de Lingua Galega, polo que foi necesario recorrer ao exame de reserva, o que, sinala a entidade, "adiou o inicio da proba media hora e, polo tanto, reduciu o tempo de descanso entre exames a quince minutos". En Historia da Arte, só aparecían sete dos oito conceptos que o estudantado ten que escoller para definir. O oitavo foille comunicado de xeito oral no propio exame. 

Por outra banda, Anpas Galegas considera que o nivel do texto do exame de Francés "non se adecuaba a 2º de Bacharelato; máis semellaba, segundo profesorado experto, un texto para as oposicións de Secundaria".

Diante de todos estes erros, a Confederación de Anpas Galegas cre que o alumnado galego "sae prexudicado nunhas probas nas que é esixíbel o máximo rigor aos responsábeis, pois as mozas e os mozos que fan as probas se xogan o seu futuro e a universidade galega, o seu prestixio".