Anega convoca o estudantado do ensino medio a se sumar á folga de 12 de decembro

Imaxe de arquivo dunha mobilización estudantil.

Un paro en apoio ás demandas do profesorado, indican desde esta asemblea.

A Asemblea Nacional das Estudantes Galegas (Anega) chama o estudantado de ensino medio á folga este 12 de decembro. Esta convocatoria “xorde como apoio á folga do profesorado galego de ensino non universitario” anunciada pos sindicatos con representación na educación. Nesta liña, Anega convioca unha manifestación en Compostela para ese día, quinta feira, 12 de decembro, en Compostela, ás 12:00 horas.

Para alén de apoiar as demandas do profesorado (“redución horaria de 18 horas en secundaria e 21 en primaria, recortes, diminución de ratios por aula...) Anega quer que esta mobilización tamén mostre o rexeitamento á “precarización do ensino medio”.