A análise descarta a presenza do virus do ébola no sangue de Teresa Romero

A enfermeira galega segue hospitalizada, mas todo apunta a que vai superar a grave enfermidade, malia que terá que esperar a unha segunda proba que se lle realizará en 48 horas. O seu marido iniciará accións legais polo que denomina "chapuza".

A primeira análise realizada á enfermeira galega Teresa Romero descartou a presenza en sangue do virus do ébola, segundo informaron fontes sanitarias do hospital Carlos III de Madrid, onde segue ingresada. Os resultados téñense que confirmar nunha segunda proba que se realizará dentro de 48 horas.

A enfermeira de Becerreá leva ingresada desde o 6 de outubro

A primeira proba que confirma a recuperación de Teresa Romero, a enfermeira contaxiada por ébola e ingresada o pasado 6 de outubro en medio dunha cadea de erros con responsabilidades gobernamentais, foi realizada nas últimas horas polo Centro estatal de Microbioloxía do Instituto Carlos III.

As citadas fontes informaron de que, das outras tres persoas ingresadas, realizáronse as probas a outras dúas, ambas hospitalizadas no mesmo centro, dando en ambos casos un resultado negativo.

Pola súa parte, o marido de Teresa Romero, en illamento, anunciou que iniciará accións legais contra os que considera responsábeis dunha "gran chapuza".