Ana Pontón dá a luz no Hospital Clínico de Compostela

Ana Pontón no seu depacho no Parlamento da Galiza (Arxina).

A nena chámase Icía

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deu a luz esta terza feira no Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS) a unha nena de nome Icía.

"Quero agradecer o bo saber, facer e a profesionalidade da sanidade pública galega, de todas e cada unha das persoas que nos atenderon, a min e a Icía, durante o parto. Grazas por facer deste un momento tan inesquecíbel", sinalou Pontón no seu perfil da red social Twitter.

Fontes da formación nacionalista xa confirmaron a Nós Diario esta mañá que Pontón ingresara no centro hospitalario compostelán.

Pontón (Sarria, 1977) suspendeu a axenda de actos prevista para hoxe na que se enmarcaban entrevistas e una xuntanza con persoas usuarias da AP-9. A esa reunión asistiu en solitario Néstor Rego, deputado do BNG en Madrid.