Amor romántico? Non, grazas

Destruímos a idea de amor con final made in Hollywood a piques de chegar o 14 de febreiro.

“O mellor agasallo de San Valentín”, “Que mellor que escapar por San Valentín á cidade do amor?”, “Porque Cupido non sempre acerta co seu agasallo, temos unha sorpresa para ti!”... Achégase o 14 de febreiro e a data esperta interese nas firmas comerciais. As cifras son o suficientemente atractivas como para que as marcas se lancen directas ao márketing do amor, mais detrás do San Valentín -que chegou a Galiza após unha campaña dos grandes almacéns Galerías Preciados agóchanse valores que transcenden as estratexias de venda e a sociedade do consumo: a idea de amor romántico que provoca relacións baseadas na posesión.

Concha Rodríguez é psicóloga e coordinadora da Comisión de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza e advirte de que o amor romántico “é como un envoltorio ou aderezo que leva implícito o papel da muller como obxecto e os membros da parella como individuos diferentes e non como persoas que se relacionan en igualdade e con valores democráticos, de respecto e responsabilidade”. Ese amor romántico promove, en palabras da psicóloga, “un tipo de relación complementaria, de necesitar unha persoa da outra, e isto vai provocar que se estabeleza unha relación de control e de ciumes”.

A especialista advirte dos prexuízos “nefastos” dun “cóctel” que compara cun medicamento. “Existe un principio activo, neste caso o amor, e os excipientes que fan pensar que hai amor cando despois non o hai. O amor é máis profundo e leva implícito que non poida haber o control dunha persoa sobre outra”, acrecenta.

A reportaxe, ao completo, no semanario Sermos Galiza nº233, xa na nosa loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais.