A asociación ecoloxista Amigos da Terra asesorará a Deputación de Pontevedra en materia de compostaxe

Composteiros caseiros

A Deputación de Pontevedra vén de pactar coa asociación ecoloxista Amigos da Terra e o Concello de Vilaboa para a implantación do “Plan Revitaliza” de compostaxe. Vilaboa é un dos seis concellos da provincia que aplicará a compostaxe como modelo de xestión do lixo a partires do 2018. O convenio abranguerá os anos 2017 e 2018 e terá unha contía máxima de 80.800 euros.

 

O concello de Vilaboa conta actualmente con 300 centros de compostaxe individual e está previsto adquirir outros 1.300. O plan ofrecerá arredor de 20 xornadas de información, así como unha media de seis visitas a cada un dos centros de compostaxe para solucionar dúbidas e dar soporte técnico.

 

Este compost é analizado por laboratorios independentes, que están a obter resultados óptimos en todos os parámetros referenciados. Logo, as analíticas son enviadas a Consellería de Medio Ambiente e Ministerio de Medio Ambiente, co fin de cumprir todos os protocolos ambientais para o seu control.