As ambulancias do 061 renuncian a prestar o servizo

A Federación galega de empresarios de ambulancias aseguran que o servizo é deficitario garantir a din que non poden garantir a prestación do servizo alén do 31 de marzo

As empresas de ambulancias que traballan para o 061 e que están representadas na Federación galega de empresarios de ambulancias (Fegam) renuncian a prestar este servizo. Nun escrito remitido á Fundación Pública-Urxencias Sanitarias-061 piden a resolución do contrato “ao non poder garantir a prestación do servizo alén do 31 de marzo por mor do deficitario do mesmo”.

 

Afirman que as perdas que acumulan superan os 5 millóns de euros, indicando que isto responde “ao axustado do importe co que saíron a concurso os diferentes lotes do servizo de transporte sanitario urxente”. As empresas din que intentarán “garantir o servizo” até a resolución da administración, cuxo prazo legal non pode ir máis aló de 8 meses.

 

Greve

 

Cómpre lembrar que o persoal de ambulancias leva meses de loitas e mobilizacións por un convenio digno.  Exicxen avances na negociación do convenio colectivo de ambulancias, iniciada hai case tres anos pero que permanece bloqueada pola actitude inmobilista da patronal, segundo denunciaba a CIG. O persoal demanda un convenio que permita recuperar dereitos e salarios; en rexeitamento ás pretensións dalgunhas empresas de aplicar modificacións substanciais das condicións laborais que suporían rebaixas salariais de case 400 euros ao mes, máis carga de traballo e menos días libres; e para esixir que se cumpra co establecido nos contratos do Sergas.