Alivio de restricións en Carnota, As Pontes e Narón

(Foto: Eduardo Sanz / Europa Press)

Carnota e As Pontes, con restricións de nivel medio alto e máximo, respectivamente, pasarán ás limitacións de carácter básico.

Narón, pola súa banda, pasará do grupo de municipios con restricións de nivel medio-alto ás limitacións de nivel medio

O comité clínico de expertos que asesora á Xunta constatou na súa reunión unha melloría na evolución epidemiolóxica tanto nos municipios de Carnota e As Pontes como o de Narón, que verán aliviado o seu nivel de restricións pola redución da incidencia da Covid-19.

O informe elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública e abordado esta segund afeira no comité de expertos destacou, especificamente, a evolución positiva na taxa acumulada a 14 días nestas localidades.

Destemodo, segundo a orde publicada no Diario Oficial de Galiza, Carnota e As Pontes, con restricións de nivel medio alto e máximo, respectivamente, pasarán ás limitacións de carácter básico.

Estas novas medidas implicarán a eliminación das limitacións de entrada e saída nestes puntos, nos que rexerá a regra xeral de que os grupos e reunións en espazos públicos ou privados non superen as seis persoas, agás que se traten de convivientes.

Narón, pola súa banda, pasará do grupo de municipios con restricións de nivel medio-alto ás limitacións de nivel medio, o que leva a este enclave a separarse do ámbito territorial que conformaba con Ferrol.

Doutra banda, o DOG publica á súa vez a extensión do peche perimetral da Galiza até o vindeiro 11 de xaneiro, agás para desprazamentos debidamente xustificados.

Esta restrición contará coa excepción da celebración do día de Reis, entre as 06:00 e as 23:00 horas, franxa na que se permitirá a mobilidade a aqueles territorios de residencia habitual de familiares.

No entanto e a pesar de que se recomenda evitar a mobilidade, aquelas persoas que se despracen de territorios con alta incidencia de Covid-10 terán que comunicar os datos de contacto e estancia no prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada a Galiza.