Alentar un universo de toponimias desde unha cela a 300 quilómetros de distancia

Carlos Calvo Varela

O blog ‘Aldeias de Ordes’ do preso independentista Carlos C. Varela recibiu xa centos de visitas desde a súa posta en andamento  co inicio de 2018.

Xeografía, historia, cultura popular,paisaxe e paisanaxe, retrato sociolóxico… O blog ‘Aldeias de Ordes’ é unha gran  graneira aberta na que, a través da toponimia deste concello da comarca ordense, podemos entrar e saír, pasear e demorar, nas historias que contén cada unha das entradas. O blog activouse o 1 de xaneiro e en apernas tres días recibiu 1.500 visitas.

 

Unha das peculiaridades de ‘Aldeias de Ordes’ é a que se explicita no propio acompañamento do nome “O blogue de Carlos C. Varela sobre toponímia ordense”. Carlos Calvo Varela é un independentista que leva cinco anos preso a actualmente cumpre condena a case 300 quilómetros do seu fogar, en Villabona (Asturies).  Filósofo, antropólogo, ativista social e xornalista, colaborador de varios meios, entre eles Sermos Galiza, naceu en Loureda (Ordes) en 1988. Foi condenado en 2014 a 7 anos de prisión por colaboración con Resistencia Galega.

 

Desde a súa posta en andamento publicou xa varios post (“… ali mesmo ao pé de Lagos”, O silêncio dos primeiros reis) e achegas, tamén en Facebook. Os topónimos de Ordes dan pé a Carlos Calvo Varela para falar de historia, linaxes, lusofonía e moito máis…