AI cifra en 873.000 @s inmigrantes que ficaron sen cartón sanitario no Estado polos recortes

Amnistía Internacional súmase ás denuncias de sindicatos, organizacións e redes de apoio sobre que se limite o dereito á saúde das persoas. A ONG cualifica a lexislación aprobada polo PP de claramente discriminatoria

Amnistía Internacional (AI) critica que as reformas en materia de sanidade deixaron a 873.000 inmigrantes sen cartón sanitario No Estado español "impedindo ou dificultando" so seu acceso ao sistema sanitario, e "mesmo poñendo a súa vida en risco".

O director de AI no estado español, Esteban Beltrán, cualifica esta medida de "regresiva" e "discriminatoria" e pediu que se modifique o Real Decreto-Lei aprobado en setembro de 2012 e polo cal, sosteñen desde esta organización, limítase o dereito á saúde das persoas inmigrantes, que teñen que pagar para recibir asistencia sanitaria, incluída a primaria.

Escusa

AI considera que se está a usar por parte dos gobernos a crise como unha desculpa e unha escusa para facer recortes en servizos tan básicos e necesarios como o sanitario.