Afunde o único carril dispoñíbel na estrada OU-536 á altura de Carballeda de Valdeorras, o que obriga a cortar o tráfico

Vista de Carballeda de Valdeorras nunha imaxe de arquivo (Foto: Concello de Carballeda).
O incidente produciuse ás 02.30 horas da madrugada desta sexta feira, segundo informaron fontes do 112 Galiza, que puxo en aviso á Garda Civil.

O afundimento do único carril dispoñíbel da estrada OU-536 na zona de obras de Carballeda de Valdeoras (comarca de Valdeorras) obrigou a desviar todo o tráfico pola estrada OU-0801.

O incidente produciuse ás 02.30 horas da madrugada desta sexta feira, segundo informaron fontes do 112 Galiza, que puxo en aviso á Garda Civil.

Ante o desprendemento na estrada no único carril dispoñíbel debido ás obras que se realizan na OU-536 (antiga N-536), a Garda Civil cortou o tráfico entre os quilómetros 41,400 e 47,500.

A circulación está desviada á localidade do Barco (Valdeorras) á altura da ITV pola estrada OU-0801, que une O Barco coa parroquia de Sobradelo (pertencente a Carballeda).

Tráfico cortado toda a fin de semana

A previsión é que o tráfico estea cortado no punto ao longo de toda a fin de semana, segundo trasladou a Garda Civil.