A A-6, ao seu paso polo municipio de Lugo, foi escenario esta sexta feira dun aparatoso accidente, tendo en conta que un camión articulado sufriu un sinistro no punto quilométrico 495, preto do Carqueixo, e o remolque quedou encaixado contra un paso elevado.
Fontes do 112 ratificaron que, pasadas as 9.30 horas empezaron a recibir avisos de varios particulares que chamaron para dar a voz de alerta.
Por mor do choque e de que o remolque se levantou e quedou encaixado contra a ponte, as mesmas fontes explicaron que se viu afectado o vehículo que circulaba por detrás do camión, ao que parte da carga lle caeu encima.
Fontes sanitarias confirmaron que a condutora do vehículo, que se atopaba liberada, estaba ferida e foi trasladada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).
O condutor do camión tamén se atopaba liberado e foi atendido no punto.