As afectadas polas gravacións da Maruxaina recorren o arquivo do caso

Imaxe de arquivo dunha mobilización en Burela a favor das mulleres (Foto: Carlos Castro)
"Non se pode xustificar un delito coma este, que atenta contra a honra e a propia imaxe das mulleres, no feito de que fose perpetrado na vía pública".

A Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela presentou un recurso perante a Audiencia Provincial de Lugo contra a decisión do xuíz de arquivar a causa pola gravación en San Cibrao de 87 mulleres mentres ouriñaban nno marco da Festa da Maruxaina. Esas imaxes foron difundidas a través de páxinas pornográficas na Internet

"Por suposto que non compartimos a decisión deste xuíz. Non se pode xustificar un delito coma este, que atenta contra a honra e a propia imaxe das mulleres, no feito de que fose perpetrado na vía pública", explicou a EFE a presidenta da asociación, María del Mar Fraga.

O xuíz que instrúe o caso das gravacións da festa da Maruxaina de Cervo volveu desestimar a denuncia ao considerar que non existe delito nos vídeos gravados con cámara oculta a 87 mulleres ouriñando na rúa e que foron subidos a páxinas web pornográficas, algunhas delas de pagamento.

Nun auto emitido a comezos de setembro, xa foi recorrido pola asociación Mulleres En Igualdade Burela (Bumei) ante a Audiencia Provincial de Lugo, o xuíz Pablo Muñoz desestima o recurso presentado polo colectivo ao primeiro arquivo da causa, ditado por el mesmo a mediados de marzo.  

As vítimas destes feitos, ocorridos durante A Maruxaina de 2019, denunciáronos no seu día ante a xustiza contando co apoio da asociación Mulleres en Igualdade de Burela, Bumei. Con todo, o titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Viveiro ditou daquela un auto no que sobreseía provisionalmente o caso ao non considerar "suficientemente acreditado que se cometeu un delito".

A ministra de Igualdade, Irene Montero, pronunciouse advertiu esta terza feira, e en relación a este caso, que "facer fotos a unha muller sen o seu consentimento e difundilas é violencia sexual"