Afectad@s polas preferentes manifestáronse en Baiona

Protestas polas Preferentes en Baiona
Millares de persoas afectadas polas preferentes exixiron a devolución dos seus aforros. Próximas protestas en Sanxenxo (18 de agosto) e Candeán (23 de agosto)

'Toda unha vida aforrando para eles nos roubar' dicía está mañá a pancarta que levaban milleiros de persoas, segundo estimacións da organización, polo centro da vila de Baiona. As últimas novidades no caso da grande estafa das preferentes non tranquilizou ás diferentes Plataformas que seguen exixindo que se lles devolvan os cartos. A sentenza contra Novacaixagalicia Banco que a obriga a pagar a un cliente de Meaño, abriu algunha espectativa mais non desactivou os colectivos afectad@s.

    As Plataformas seguen exixindo que se lles devolvan os cartos.

Algunhas das Plataformas asistentes hoxe en Baiona, a do Val Miñor, a de Vigo, a do Rosal ou a de Redondela, berraban 'Políticos, banqueiros todos ao caldeiro' nunha convocatoria que se repetiu para esta tarde en Sanxenxo e tamén para o día 18 de agosto tamén en Sanxenxo e para o 23 de agosto en Candeán (Pontevedra).


Imaxes de  ‏@evavazquezlima e I. Pérez