Unha fochanca na pista impide o tránsito aéreo

O aeroporto Vigo estará fechado cando menos até a segunda feira

Aeroporto de Vigo. (Foto:Europa Press).

A Delegación do Goberno do Estado en Pontevedra confirmou que o aeroporto de Peinador en Vigo permanecerá fechado, cando menos até a segunda feira.

A Delegación do Goberno do Estado en Pontevedra adiantou neste sábado a posibilidade volver a abrir ao tránsito aéreo o aeroporto de Peinador en Vigo, clausurado por unha fochanca na súa pista de aterraxe.

Segundo sinalaron a Europa Press fontes gobernamentais, “a fochanca mide aproximadamente sete metros de lonxitude e dúas de amplitude e está situado a 200 metros do limiar da cabeceira 19 da pista”. A mesma foi detectada na quinta feira nunha revisión dos operarios da infraestrutura.

Maica Larriba

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, quen visitou a sexta feira o aeroporto de Vigo sinalou que “nun primeiro momento, a fochanca era de pequenas dimensións e non comprometía a seguridade das operacións. Con todo, comprobouse o seu estado mediante revisións tras cada operación de chegada e saída”.

Larriba confirmou que a empresa Francisco Gómez e Cía  vai acometer os arranxos e “que xa puxo en marcha as súas dúas plantas de aglomerado asfáltico quente de Santiago para empezar coa reparación canto antes”.

O buraco atopado nas pistas do aeroporto de Vigo obrigou a paralizar o tráfico aéreo, obrigando as compañías a cancelar os voos ou reprogramalos a outros aeroportos. Así, a o aeroporto compostelán de Rosalía de Castro notou este fenómeno.