A adxudicación da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda levanta sospeitas

A licitación da estación de esquí Cabeza de Manzaneda ergue polémica co seu "escurantismo".
A licitación da estación de esquí de Cabeza de Manzaneda levanta polémica por non se saber os datos de contratación de Artabria con Meisa. O BNG denuncia "escurantismo" no concurso e que a empresa non cumpre cos requisitos esixidos no prego de condicións. 

Una vez máis a polémica volta viaxar a estación de esquí de Cabeza de Manzaneda. 

Xa no mes de setembro un grupo de estudantes e nais e pais do CEIP Ramón Cabanillas de Compostela acusaba ao grupo Oca Hotels, quen daquela xestionaba as instalacións, de adiar sin razón aparente a devolución duns cartos que adiantaron a modo de sinal para a excursión de fin de curso do ano pasado.

Co comezo dun ano novo, a polémica volta a xurdir pola concesión da licitación da estación a empresa Artabria, o BNG de Ourense denuncia o "escurantismo" que existe neste concurso. “Atopámonos o 30 de decembro este novo contrato sen que na páxina de Meisa –empresa pública propietaria da estación de esquí– figurase un novo concurso”, indica o voceiro do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela en declaracións a Nós Diario.

Hai uns meses quedaba deserto o concurso para a adxudicación porque ambas as empresas presentadas non cumprían cos requisitos esixidos no prego de condicións do 30 de xullo de 2020, algo que, denuncian, tampouco cumpre Artabria.

“Estabelécese, entre outros parámetros, que só poderían contratar con Meisa as persoas que teñan unha actividade relacionada directamente co obxecto do contrato e que teña un volume de negocio, que referido ao ano de maior volume de negocio dos últimos concluídos sexa igual ou superior ao volume do contrato. Esta empresa, segundo a súa páxina web, só dispón dun ‘coqueto hotel’ no Panamá e dunhas rutas na Coruña que nin se poden consultar", apunta Varela.

Por esta razón, o BNG trasladou a Deputación unha batería de preguntas para "clarificar o proceso de licitación e a viabilidade económica desta proposta". 

Esta mesma semana, as técnicas de Artabria inspeccionaban as instalacións para ver se se podería abrir a estación dentro de dúas semanas.