A adquisición dunha vivenda supón en Galiza destinar a ese fin a metade do salario

De 2000 a 2014 pasou de representar o 36% dun soldo a máis do 46%.

No ano 2000 a adquisición dunha vivenda en Galiza implicaba destinar o 36,8% dun salario medio a esa finalidade. En 2014 esa porcentaxe é xa de máis do 46% do soldo, practicamente a metade. O Instituto Galego de Estatística aponta, aliás, a que no que vai de 2015 a tendencia é a mesma.

Así pois, nestes 15 anos, o investimento necesario para adquirir unha vivenda en Galiza aumentou de forma notábel, en 10 puntos, un 27%. Algo que xplica que na actualidade, e segundo o IGE, o número de vivendas hipotecadas que hai no noso país sitúase nas 8.550 mentres que en 2006 esa cifra superaba as 42.000.

Cómpre lembrar que na Galiza hai un total de 299.396 vivendas baleiras segundo o último censo oficial, correspondente ao exercicio 2011. Unha cifra que representao 18,6% do total das existentes no noso país -1.606.001-. É a porcentaxe máis alta de todo o Estado español.

Na última década aumentou a porcentaxe de vivendas baleiras en Galiza en case un 9%. O 'boom' inmobiliario derivou en construcións a toda costa. Entre 2011 e 2011 na Galiza construíronse 297.118 vivendas, un medre do 22,3 por cento.