Adega recorrerá a absolución do alcalde de Barreiros

Fins Igrexas e Froilán Pallín, de Adega.

Di que a sentenza abre a porta “á impunidade na política urbanística municipal”.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), que actuou como acusación particular no procedemento penal contra o Alcalde, arquitecta e os concelleiros do goberno municipal de Barreiros de 2006 por presunta prevaricación urbanística, presentará recurso diante a Audiencia Provincial contra a sentenza absolutoria ditada polo Xulgado do Penal  nº 2 de Lugo. Absolveu o alcalde de prevaricación polas licenzas para construír 3.500 vivendas

 

O secretario xeral de Adega, Froilán Pallín Seco, considera que a sentenza absolutoria adoece de importantes eivas de análise e xera “un precedente nefasto na ordenación do territorio que favorece a arbitrariedade e a inseguridade xurídica”.

 

Esta sentenza, de converterse en firme, tería repercusións especialmente graves para o correcto ordenamento territorial do país, segundo Froilán Pallín. En primeiro lugar, dixo, o Xulgado estaría creando un grave precedente ao eximir de responsabilidade penal aqueles funcionarios públicos que se amparen no descoñecemento da norma e nas dúbidas de interpretación legal xeradas pola actuación da Xunta.

 

“O cambio de criterio do goberno da Xunta, ao retirar os contenciosos interpostos contras as licenzas ilegais por motivos exclusivamente partidarios, serviu de escusa ao tribunal para xustificar a actuacións dos acusados”.