Adega alerta da intención de instalar unha planta química en pleno Macizo Central

macizo central

Presenta alegacións contra o que cualifica de “delirio”, ubicar unha factoría para gasificar carbón e producir metanol en pleno Macizo Central ourensán, “e dentro do territorio de cría da aguia real”.

A Asociación ecolóxica para a defensa da Galiza, Adega, presentou alegacións ao proxecto de instalación dun polo químico en pleno Macizo Central, unha iniciativa que, advirten os ambientalistas, “vai gasificar carbón para obter metanol (un alcol) e hidróxeno (un gas), ambos combustíbeis”. O proceso é fortemente endotérmico, sinalan, precisando grande cantidade de enerxía obtida mediante captadores solares. Ten tamén un elevado consumo de auga que bombearán do río Camba. “Cómpre ter en conta que o transporte do carbón dende as bacías mineiras de Asturias e León, a centos de quilometros, xerará importantes emisións de gases de efeito invernadoiro, alén dos derivados do proceso químico de gasificación”.

Adega incide na “estrañeza” de que esta actividade pretenda ubicarse sobre chan rústico nun espazo fóra das diversas superficies industriais da provincia de Ourense, moitas delas infrautilizadas, e afastada das principais vías de comunicación  precisas para o transporte da materia prima (unas 100.000 Tm/ano de carbón) e a distribución dos produtos (75.000 Tm/ano de metanol) e subprodutos (375 Tm/ano de H2).

A empresa promotora, Paratermo Energía, SL, “non conta tampouco con financiamento para facer fronte aos investimentos requeridos polo proxecto, uns 54 millóns de euros, pretendendo sufragar a maioría dos custos mediante cretos e subvencións e axudas públicas”.

Impacto no medio e ameaza para a aguia real

Os ambientalistas consideran que este procxecto vai ter, de se desenvolver, afeccións negativas sobre a da paisaxe, os hábitats e as especies. Falan, por exemplo, da explanación de preto de 200 hectáreas de chan rústico nun espazo de alta calidade visual resulta manifestamente incompatíbel coas determinacións da Lei 7/2008 da paisaxe de Galiza. “O proxecto implica a eliminación ou alteración dunha ampla área con presenza do hábitat de interese comunitario, “Queirogais secos europeos”, e dun hábitat de conservación prioritario, os “Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsor, na zona do val do río Camba. Neste senso, o promotor non pode invocar as excepcións do artigo 6 da Directiva 92/43 CEE de Hábitats, relativa ás actuacións sobre hábitats prioritarios, por canto a actividade que promove non pode ser considerada “de interese pública de primeira orde” e ademáis podería desenvolverse noutras localizacións máis acaídas”.

Especial consideración merece a aguia real (Aquila chrysaetos) especie en perigo de extinción que nas proximidades da planta industrial, conta cunha das escasas parellas reprodutoras de Galiza. Trátase dunha área crítica de nidificación no territorio do Macizo Central Ourensán, segundo o recollido no Plano de Recuperación da especie para Galiza.

Adega reclama da Xunta a denegación da AAI (Autorización Ambiental Integrada) para esta actividade,