Activo un incendio en Toén que xa queimou 40 hectáreas

(Foto: @BrifLaza)

Un incendio atópase activo no municipio ourensán de Toén, comarca de Ourense, desde as 17,40 horas desta sexta feira, nunha xornada na que varios lumes afectan á provincia.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural a Europa Press, nas tarefas de extinción participan nove avións, nove helicópteros, nove brigadas, cinco motobombas, dous axentes, unha pa e un técnico.

O incendio, que provoca unha visíbel fumareda na zona, xa arrasou 40 hectáreas, segundo datos oficiais.