Activo un incendio en Santiago que afecta xa a 14 hectáreas

(Foto: @Batallont15)

Na parroquia de Laraño.

Un incendio permanece activo desde a madrugada da cuarta feirano lugar de Pardiñas, na parroquia de Laraño, en Santiago de Compostelá, segundo informa a Consellería  do Medio Rural.

O incendio principiou ás 5:35 horas, polo que os primeiros indicios apuntan á posibilidade de que fose provocado.

Segundo as primeiras estimacións, as lapas afectan xa a 14 hectáreas nunha zona próxima a casas, aínda que a dirección do vento contribuíu a que non se visen afectadas.

Nas tarefas de control traballan 12 brigadas, 9 motobombas e medios aéreos.

Trátase do segundo incendio na zona suroeste da capital galega na última semana despois do rexistrado a pasada sexta feira en Vidán; un lume "provocado", segundo sinalou o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.