Controlado un incendio en Arbo no cal traballaron efectivos terrestres e aéreos

Zona de Cabeiras, afectada polo incendio (Foto: @Incendiosgalic1).
O fogo comezou sobre as 12.30 horas da xornada, e as chamas afectan a zona de Cabeiras.

A Xunta da Galiza despregou efectivos de extinción de incendios, tanto terrestres como aéreos, para sufocar un incendio declarado no mediodía desta quinta feira no municipio de Arbo (comarca da Paradanta), segundo confirmaron fontes da Consellaría do Medio Rural.

Cabeiras, a zona afectada

Así, o fogo comezou sobre as 12.30 horas da xornada, e as chamas afectaron a zona de Cabeiras. Segundo se puido coñecer, as chamas calcinaron menos dunha hectárea de terreo.

Para a extinción do incendio mobilizouse a 2 axentes, 6 brigadas, 3 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros.