Activistas de Greenpeace escalan a torre de Meirama para reclamar “un futuro sen carbón”

Imaxe: Greenpeace

A torre da central térmica mide 130 metrios de altura.

 

Un grupo de activistas de Greenpeace accedeu á central térmica de Meirama para escalar a súa torre de máis de 130 metros nunha acción para reclamar “un futuro sen carbón”. “Apaga o carbón” e “Non ao carbón” foron as faixas despregadas polos activistas.

 

Greenpeace demanda o feche desta central e de todas aquelas que operan con carbón por considerar que teñen un impacto preduxidial tanto para a saúde como para o cambio climático.