Seis activistas contra os desafiuzamentos serán xulgados esta segunda-feira na Coruña

Faixa Stop Despexos

Cargan coa acusación de “resistencia á autoridade” por participar no intento de freo do desafiuzamento de Elisabeth Salnés, que provocou un enorme despregamento policial. 

 

Seis persoas detidas durante o desafiuzamento dunha muller na Coruña en 2013 serán xulgadas esta segunda feira, ás 10,30 horas. "Por apoiar a unha muller doente a piques de ser despexada", subliña a plataforma Stop Desafiuzamentos da cidade herculina, que se concentrará na rúa Monforte media hora antes en protesta por este proceso.

Foi o 27 de novembro de 2013 cando a protesta de Stop Desafiuzamentos Coruña para frear o segundo intento de despexo desta muller da súa vivenda no barrio do Castrillón saldouse coa detención de seis activistas por “resistencia á autoridade”, unha delas é a propia sobriña da afectada.

Dispositivo

O lanzamento de Elisabeth Sanlés, nai de tres fillos, polo impagamento do aluguer desde facía un ano completouse malia a actuación de medio centenar de persoas, entre elas concelleir@s do BNG, que nada puideron facer ante un dispositivo policial que se despregou de madrugada e que foi cualificado de “desmedido” posto que afectou a todo o barrio