Activistas contra os despexos 'homenaxean' ao "desafiuzador do mes"

O galardoado foi o deputado popular Antonio Erias. Un(ha) d@s galeg@s que votaron contra a dación en pagamento no Parlamento español. Vídeo no interior

 

Con máis retranca do que os habituais "escrachos" membros dos colectivos contra os despexos da Coruña artellaron esta orixinal forma de sinalar aquelas persoas que preferiron priorizar os intereses partidarios aos das maiorías sociais. 

Baixo o lema "Ningún pobre baixo teito" e "Vivan os despexos" arredor de 70 persoas de manifestantes "homenaxearon" perante a súa morada ao deputado coruñés Antonio Eiras (PP). 

Porén, non se trataba dun "escracho" senón dun acto convocado --a modo de brincadeira-- pola Plataforma de Afectad@s por estes protestos. Con humor mais sen perder o ton reivindicativo, @s asistentes denunciaron --valéndose da retranca-- algunhas das acusacións verquidas sobre el@s desde o Partido Popular. 

En máis dunha ocasión, a dirección política do PP acusou ás plataformas STOP-Despexos e á PAH de actuaren como "nazis" e mesmo de pertenceren á contorna de ETA. Os colectivos, procuran agora novas formas de manteren viva a loita e de responderen "con humor" ás acusacións do partido no Goberno.