Activan o protocolo anti-contaminación por un vertido de 4.000 litros de gasóleo en Corcubión

O combustíbel procede do depósito subterráneo dun colexio que hai no paseo marítimo da vila. Parte da mancha afecta ao mar.

Salvamento Marítimo activou o Plan territorial de Contaninación Mariña Accidental por mor dun vertido ao mar de 4.000 litros de gasóleo en Corcubión, segundo informan axencias como Europa Press. O combustíbel procedería, apontan, do depósito subterráneo dun colexio situado no paseo marítimo da vila, na rúa Maruxa Mallo.

A vertedura prexudica especialmente a Praia de Quenxe. A maior parte da mancha está na area mais unha parte afecta ao mar. Procedeuse a instalar barreiras e dispositivos absorventes para frear o vertido, que se concentra nunha extensión de 2.000 metros cadrados. Na zona hai varios buques de Salvamento Marítimo.