Dá negativo o posíbel caso de Coronavirus en Celanova

CHOU

A muller, una moza italiana, foi sometida a probas, que deron negativo.

Unha moza italiana estivo illada no Hospital de Ourense para ser sometida a probas que determinasen se tiña coronavirus. A rapaza presentaba síntomas que poden deberse a esta enfermidade, de aí que se activase o protocolo. Finalmente, as probas deron negativo. 

Os esforzos das profesionais da Saúde Pública por conter o avance do novo coronavirus SARS-CoV-2 coinciden no tempo e en intensidade co afán dos servizos asistenciais da Sanidade Pública por rebaixar o nivel de alarma ante unha enfermidade respiratoria cunha taxa de recuperación moi alta e baixa letalidade.

Desde o inicio do brote, o 31 de decembro de 2019 en Wuhan, na provincia chinesa de Hubei, rexistráronse 80.993 casos confirmados en todo o mundo, 2.929 fóra da China. En total, faleceron 2.761 persoas, 44 fóra do país asiático. A letalidade, din as autoridades, é de 3% na China e de 0,7% no resto do mundo; unhas porcentaxes que non pasan desapercibidas para a comunidade médica.