O falso aviso de bomba nun voo que aterrou na Coruña será investigado para dar coa autoría

Avión de Volotea que aterrou de emerxencia na Coruña por unha falsa alarma de bomba falso (Foto: M. Dylan / Europa Press)
A ameaza simulada será investigada palas autoridades que vén un delito de desordes públicas. As primeiras indagacións relacionan o falso aviso de bomba co intento de prexudicar un preso de permiso, alleo ao suceso, confirman, que viaxaba na aeronave.

A aterraxe de emerxencia no aeroporto da Coruña dun voo procedente de Bilbao, á primeira hora da mañá, por unha ameaza de bomba que resultou ser falsa será investigado para determinar a autoría da chamada que orixinou os feitos.

Así o indicou o coronel Francisco Javier Jambrina, xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, quen, preguntado sobre unha posíbel relación entre o falso aviso recibido en Euskadi e a presenza dun preso con permiso penal no voo.

Prexudircar un preso, posíbel teoría

Segundo confirmou, un interno de permiso viaxaba na aeronave inspeccionada esta mañá. "A ameaza de bomba oriéntase cara a un pasaxeiro, pero que non tiña nada que ver". "É un interno que está de permiso penal". "Talvez era para prexudicar a esta persona", admitiu ante as posíbeis hipóteses sobre o motivo da autoría.

Após os feitos, ratificou que se van abrir dilixencias para o xulgado "por un delito de desordes públicas". "E investigarase coordinamente para ver se se pode determinar a autoría da ameaza", apostilou.

Falsa alarma

O aeroporto da Coruña activaou o seu plan de emerxencia a primeira hora da mañá "por unha ameaza de bomba" nun voo procedente de Bilbao operado por Voloeta que resultou ser falsa. A posta en marcha do protocolo deu pé a varias inspeccións que confirmaron que o aviso foi simulado, informaron desde a garda Civil e a Delegación do Goberno.

A primeira hora , desde Aena confirmaron a activación deste protocolo específico por "ameaza" no traxecto Bilbao-A Coruña que aterrou de emerxencia pouco antes das 07.30 horas no aeroporto de Alvedro.

A alerta derivouse ao 112 de Bilbao ao mesmo tempo que se trasladou a comunicación na canle interna entre ambos os aeroportos, precisaron fontes de Aena.

Operativo

O voo aterrou contra as 07.25 horas, de emerxencia. Os 105 pasaxeiros que viaxaban a bordo desembarcaron "con normalidade" e foron trasladados a unha sala do aeródromo, onde permaneceron "en perfecto estado" mentres as forzas de seguridade atendían o aviso de bomba.

A Garda Civil fíxose cargo do operativo tras pórse en marcha un amplo despregamento policial. Ao lugar, trasladáronse tamén outros efectivos como bombeiros, policía, protección civil e membros do gupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias.

 

Tras desprazarse a Alvedro, axentes da Garda Civil procederon a revisar a cabina, a pasaxe e a adega. Tras illar o avión iniciaron a inspección da equipaxe de cabina, dando por finalizada a incidencia ao constatar que era unha falsa alarma unha vez concluída a revisión.